A voltas, de novo, co Alecrim.

Febreiro 16th, 2011

Novamente gravamos esta fermosa cantiga portuguesa, que tamén ten unha boa difusión por Galicia adiante, de feito creo que foi Ana Kiro que gravara no seu día unha versión, moi aquelada ao seu xeito, da mesma.
Na versión que gravamos con 6ºA, unha clase pouco numerosa, non hai moita profusión de medios, pero si un son bastante bo, e unha interpretación da que eu estou persoalmente satisfeito, e espero que tamén a vós vos resulte interesante.

Agora 6ºB alecrinando

Febreiro 9th, 2010

Non van ser menos os alumnos e alumnas de 6ºB que tamén tocaron a súa versión de Alecrín.
Os pelos que teñen son debidos ás ordes do Meco, que nos mandaba vir con algo na cabeza.
A pesares dos peinados, o que se escoita está razoablemente ben.

Alecrin en midi

Xaneiro 15th, 2010

Por se alguén quere escoitar como nos debería sonar a cantiga premede no enlace de abaixo.

Comezando a andaina

Xaneiro 13th, 2010

Olá a tod@s!

Imos comezar co blogue da clase de música. Nun principio, xa que non sei se hei dar feito, imos centrarnos para traballar cos alumnos de 6º de primaria, e xa, para outros anos, se a experiencia é boa e a cousa vai funcionando, veremos de amplialo a outros cursos.

Quería que o blogue aportase materiais (as partituras das pezas que imos tocar), exemplos musicais dos mesmos, e outras cousiñas como bailes, ou audicións… Non sei, o blogue construirémolo entre tod@s, coas vosas aportacións, as vosas suxestións, cos vosos comentarios e cos vosos resultados.

Para comezar vou colgar a partitura na que comezamos a traballar esta semana, o famoso ALECRIN, que espero que nos saia moi ben… tanto que teñamos que gravalo e subilo á rede para que a xente poida disfrutalo, para que lle poidades ensinar aos vosos pais como traballamos na aula de música.

Ide botando unha ollada ao que fan os distintos instrumentos.

Vémonos na clase!

alecrin

A todo isto, seguro que o imos facer millor que estes: