Comezamos a celebrar a Manuel María

Abril 13th, 2016

Sempre nos gustou esta fermosísima cantiga do Carro, con letra do poema O Carro do libro Terra Cha de Manuel María, ao que lle puxo música Mero de Fuxan os Ventos, e que ben podería ser un himno para o noso país.
Agora que se achega a festa do noso idioma, das nosas letras… imos comezar a preparar algúns poemas de Manuel María musicadas polos nosos músicos máis sinalados, e que mellor comezo que este Carro que segue carretando a colleita para a nosa casa… Galicia!

Ora bate padeiriña

Abril 3rd, 2016

Déixovos aquí a partitura desta cantiga, todo un clásico nas nosas clases, para que a poidades ensaiar. O servidor de Noteflight tamén permite escoitar a peza, así que poderemos ler a partitura, e se temos algún problema de medida, escoitar a versión desta partitura interactiva.
Se a cousa nos gusta e nos facilita o traballo na clase, comezaremos a subir ao blogue e á aula virtual estas partituras para que o traballo cos instrumentos sexa moito máis doado.

Belle qui tiens ma vie

Abril 1st, 2010

A próxima peza que imos traballar é a de Belle qui tiens ma vie, de Thoinot Arbeau, un crego francés que fixo unha recompilación de danzas renacentistas entre as que encontramos esta fermosísima pavana.
Para máis información podemos ir á wikipedia, onde temos ligazóns para acceder mesmo ao seu libro onde se indica o xeito de bailar a danza.
Para ir abrindo boca dúas cousas:
A partitura, nunha versión para catro frautas e percusión, tomada de Mutopia Project, unha moi interesante organización que pretende poñer toda canta música poida en dominio público.

Unha moi interesante versión a base de botellas, moita paciencia e bastante coordinación.

Nova partitura

Febreiro 3rd, 2010

Como xa poidemos escoitar, Schiarazula Marazula é a próxima cantiga que traballaremos na aula de Música.

O recopilador da peza (non autor, xa que é unha peza anónima) foi Maineiro, e sería moi interesante que tentásedes procurar algo de información sobre el.

Mentras tanto ide botando un ollo á peza.
Schiarazula