Schiarazula

Marzo 2nd, 2011

A voltas, de novo, co Alecrim.

Febreiro 16th, 2011

Novamente gravamos esta fermosa cantiga portuguesa, que tamén ten unha boa difusión por Galicia adiante, de feito creo que foi Ana Kiro que gravara no seu día unha versión, moi aquelada ao seu xeito, da mesma.
Na versión que gravamos con 6ºA, unha clase pouco numerosa, non hai moita profusión de medios, pero si un son bastante bo, e unha interpretación da que eu estou persoalmente satisfeito, e espero que tamén a vós vos resulte interesante.

Música do Mundo

Outubro 18th, 2010

Antes de comezar vou dicir que é a escala musical: Chámase escala musical á sucesión de sons que aparecen regularmente en sentido ascendente ou descendente e todos eles con relación a unha nota que dá nome á escala.
O nome das notas musicais introducíronse en plena Idade Media, con Guido de Arezzo que no ano 1206 inventou o pentagrama e as notas. Arezzo para crear a escala musical utilizou a primeira sílaba de cada verso dun himno adicado a San Xoán, que se atribúe a Paulo Diácono e que dicía:
UT queant laris
REsonare libris
MIra gestorum
FAmuli tuorum
SOLve polluti
LAbii reatum
Sancte Joannes
Máis tarde, polas dificultades para cantar a nota UT cambiouse o nome por DO. Deberon transcurrir cinco séculos, ata o XVI, para que se completara a escala musical tal e como hoxe a coñecemos. Recurriuse ao mesmo himno que Arezzo utilizara no século XI, e coas iniciais de Sancte Joannes, formouse a sétima nota, SI. A octava foi a repetición de DO.
Na actualidade utilízanse tamén, nalgúns países, as letras A, B, C, D, E, F, G, H para designar as notas musicais.

A ESCALA PENTATÓNICA
Os músicos antigos, que non tiñan o concepto de escala natural, intuitivamente axustaban (afinaban) as cordas (ou a distancia entre buracos) de xeito que producisen un son o máis agradable posible para o oído humano. O sistema musical da escala pentatónica chámase pentafonía, e úsase na maior parte dos sistemas musicais tradicionais, xa que é a escala máis simple e intuitiva, sabéndose que mesmo os exipcios xa coñecían e aplicaban esta escala.
Un exemplo témolo na tradición musical China que se remonta a 3000 anos antes da nosa era. A súa orixe é relixiosa e está ligada ás ceremonias da corte e ao teatro ritual. Conta a lenda que o emperador do anos 2697 AC mandou a un dos seus súbditos á montaña para que cortara canas de bambú, coas que estableceu as notas básicas da música, e así xurdiu (según a lenda) a escala china que só ten 5 notas que se consideran fundamentais.

As notas da escala pentatonica China é:

Kon——-o príncipe—–Fa

Chang—-os ministros—Sol

Kio——–o    pobo——-La

Pien The——————-Si ou Sib

Tche——-Os negocios–Do

Yu———-os obxectos-Re

Pien Con——————-Mi

Aínda hoxe a música tradicional de China e doutros lugares da terra, como por exemplo Escocia, África ou Xapón, basease na escala pentatónica, que tamén serve de base ao noso sistema musical.
Pola contra outras culturascomo a arabe e a india baseanse noutros sistemas.
Os árabes basean o seu sistema musical na octava dividida en 24 cuartos de tono, podendo chegar a t er 50 modos distintos, debido a que os intervalos son moito máis pequenos.
En países como a India a octava divídese en 22 intervalos chamados Shruti.

O primeiro grao da escala denomínase Sa e representa o grito do Pavo Real.
Despois de facer este traballo aprendín que hai máis escalas das que imaxinaba e que dan lugar a música moi diferente.

Lidia de Pedro López 5ºA

Dúas novas cantigas de 5º B e 4º B

Maio 12th, 2010

Unhas novas interpretacións dos alumnos do Ceip Condesa de Fenosa. Os de 5º B tocan “A oliveira da Serra”, con timbre de cambio de clase incluído na gravación.
Os de 4º tocan ” A machadinha”. Ambas as dúas son cantigas populares de Portugal. É moi interesante o floclore portugués, que ten pezas moi bonitas e de doada realización.
Espero que vos gusten.

Belle qui tiens ma vie

Abril 21st, 2010

Por fin metemos este temazo no blog.
Interpretado por unha selección de alumn@s de 6ºA e B, tocado a 4 voces.
Evidentemente o sonido podía ser mellor se tivesemos frautas en distintas tonalidades, pero o que temos son frautas sopranos, e tivemos que apañarnos, pero, con todo, estamos moderadamente content@s co resultado.
Se che gusta a nosa versión, por favor deixa o teu comentario.

Ritmos incribles en Vilariño de Conso

Febreiro 23rd, 2010

Neste entroido achegueime a Vilariño de Conso e a verdade é que o encontro cos folións foi intenso de verdade. Máis dunha vez teño visto os folións no entroido no Barco pero soaban como un pouco falsos, se cadra o clima, a altura, as casas, todo dá autenticidade ao entroido en Vilariño.

Fixádevos neste folión. Simplemente extraordinario!

Nova partitura

Febreiro 3rd, 2010

Como xa poidemos escoitar, Schiarazula Marazula é a próxima cantiga que traballaremos na aula de Música.

O recopilador da peza (non autor, xa que é unha peza anónima) foi Maineiro, e sería moi interesante que tentásedes procurar algo de información sobre el.

Mentras tanto ide botando un ollo á peza.
Schiarazula

Alecrín co@s alumn@s de 6ºA

Febreiro 3rd, 2010

Eu creo que como se prometía, facémolo algo mellor que o coro co que iniciabamos este blog, algo menos graciosos, máis serios, pero bastante mellor afinados e conxuntados.
Pero é mellor que vexades vós mesmos o resultado destas 3 últimas sesións de traballo na aula de música.