Alecrim

Febreiro 3rd, 2016

Que terá esta cantiga que tanto nos gusta? Un éxito total todos os anos que a incluímos no noso repertorio. Sinxela, bonita, moi rítmica e doada de acompañar… todo iso nos gusta e nos motiva para interpretala con moitas ganas.
Desta volta permitinme facer algún experimento co vídeo, que se ben segue a ser de toma fixa, polo menos ten algún efecto que creo que nos gustará.
Iso si, se non vos gusta, facede os comentarios pertinentes, que tomaremos boa nota para futuras gravacións.

Chismófonos

Outubro 27th, 2015

Este ano imos realizar un proxecto, do que neste blogue faremos un seguimento, que imos chamar “Os sons da maxinación”.

Trátase de conseguir crear instrumentos novos, maxinativos, divertidos… e con eles facer un concerto e unha exposición.

Para iso teremos que estudar e entender como e por que soan os instrumentos, as súas familias, as súas características…

Para ir abrindo boca, déixovos un vídeo duns mestres nisto dos instrumento creativos

 

Belle que tiens ma vie por 6ºB

Maio 6th, 2015

Por fin, despois dunha longa seca de gravacións, podemos volver a colgar algunha peza gravada na clase.
Desta volta é unha pavana moi fermosa (nas súas orixes, aínda que na nosa interpretación non se note tanto) que vén sendo un clásico das aulas de 6º.

O noso francés necesita algún que outro retoque, e a afinación tamén… pero, madía leva! é o mellor que nos saiu nestes últimos tempos.

A ver se sairmos no blogue nos anima a todos e a todas a traballar arreo para mellorar!

Historia da música

Outubro 24th, 2013

Traemos esta fermosa historia da música elaborada por Pablo Morales de los Ríos, un prodixio de debuxo e de resume da evolución dun arte dende o comezo da humanidade deica os nosos días.
A saber que haberá que debuxar dentro de 5000 anos!!!

Molly Malone: unha competición de intérpretes.

Decembro 5th, 2012

Agora vamos ver as clases de 5º, que van participar na competición de interpretes de Molly Malone, unha cantiga tradicional irlandesa que fala dunha chica que vendía peixe e mexilóns polas rúas de Dublín.
Cando teñades escoitado as dúas clases, poderedes votar na enquisa do final do artigo, cal é a vosa interpretación favorita. O primeiro vídeo é o de 5ºA e o segundo o de 5ºB.

Scarborough Fair

Novembro 27th, 2012

Esperando a que en breve poidamos colgar unha interpretación dos alumnos de 5º de Molly Mallone, vamos escoitar unha versión de Scarborough Fair feita polos de 6ºA.
Scarborough Fair segue gustándonos!

A orquestra

Outubro 26th, 2012

Este ano comezamos a nosa galería de versións musicais con esta versión deste clásico que é a cantiga da orquestra, unha peza anónima que moito xogo dá nas nosas clases.
Gústanos cantar cánones e este, e aqueloutro do gato que miañaba, son os nosos preferidos.
Desfrutádeo nas voces dos alumnos e alumnas de 5º curso B.

Auga leva o Regadiño

Maio 2nd, 2012

Dá gusto ver bailar a estes rapaces e rapazas de 3ºA, e máis se sabemos que a interpretación da cantiga foi gravada por eles mesmos… o que, pensando que hai nada nin siquera sabían agarrar a frauta, dá unha boa idea do ben que están a traballar.
Home, sempre hai algúns que destacan por tocar mellor, pero en xeral son unha clase que é quen de asumir retos, e realizalos bastante aceptablemente.

Un clásico da nosa aula reinterpretado

Febreiro 14th, 2012

Pois si, alecrim é un dos títulos que máis anos levamos tocando no curso de 6º, e cada ano facéndolle uns arranxos novos.
Este ano os compañeiros e compañeiras de 6ºA estiveron traballando na interpretación da cantiga con moito xeitiño.
A min, persoalmente, gústame bastante a interpretación que fixeron, tod@s moi seri@s, atent@s, precis@s…
A ver que vos parece a vós!!

Scarborough Fair

Xaneiro 25th, 2012

Por fin este ano nos decidimos a gravar unha cantiga para colgar no blogue. E é que @s nos@s querid@s compañeir@s de 6º non traballan para que as cousas saian minimamente ben e podamos ir mostrando os nosos resultados na web.
Por fin este clásico, Scarborough Fair, aínda que nos ten saído algo mellor que o día da gravación, cando menos resulta pasable. Noraboa, daquela, aos alumnos e alumnas de 6ºB.
A ver se en breve podemos poñer máis cousas, con mellor calidade.