Ritmos incribles en Vilariño de Conso

Febreiro 23rd, 2010

Neste entroido achegueime a Vilariño de Conso e a verdade é que o encontro cos folións foi intenso de verdade. Máis dunha vez teño visto os folións no entroido no Barco pero soaban como un pouco falsos, se cadra o clima, a altura, as casas, todo dá autenticidade ao entroido en Vilariño.

Fixádevos neste folión. Simplemente extraordinario!

Alecrín co@s alumn@s de 6ºA

Febreiro 3rd, 2010

Eu creo que como se prometía, facémolo algo mellor que o coro co que iniciabamos este blog, algo menos graciosos, máis serios, pero bastante mellor afinados e conxuntados.
Pero é mellor que vexades vós mesmos o resultado destas 3 últimas sesións de traballo na aula de música.

Schiarazula Marazula

Xaneiro 20th, 2010

Con este nome tan raro coñécese esta danza renacentista de finais do século XV atribuída a Giorgio Maineiro, aínda que semella que el simplemente a recopilou, tratándose dunha melodía anterior.

Seica se utilizaba esta canción nun ritual ou rogativa para invocar á choiva deica que a Inquisición prohibiu esta práctica. O nome seica provén das verbas Scjarzz e marazz, cana e fiuncho, que seica eran elementos que formaban parte do ritual.

A cantiga tiña letra, e procurando por internet atopei a seguinte versión:

Schiarazula marazuIa
la lusigne, la cracule,
la piciule si niciule
di polvar a si tacule
O schiarazule maraciule
cu la rucule e la cocule
la fantate jè une trapule
il fantat un trapolon.

Para que saibades como soa a cantiga que prepararemos en canto acabemos con Alecrín, podedes premer abaixo no reproductor.