Comezamos a celebrar a Manuel María

Abril 13th, 2016

Sempre nos gustou esta fermosísima cantiga do Carro, con letra do poema O Carro do libro Terra Cha de Manuel María, ao que lle puxo música Mero de Fuxan os Ventos, e que ben podería ser un himno para o noso país.
Agora que se achega a festa do noso idioma, das nosas letras… imos comezar a preparar algúns poemas de Manuel María musicadas polos nosos músicos máis sinalados, e que mellor comezo que este Carro que segue carretando a colleita para a nosa casa… Galicia!

Ora bate padeiriña

Abril 3rd, 2016

Déixovos aquí a partitura desta cantiga, todo un clásico nas nosas clases, para que a poidades ensaiar. O servidor de Noteflight tamén permite escoitar a peza, así que poderemos ler a partitura, e se temos algún problema de medida, escoitar a versión desta partitura interactiva.
Se a cousa nos gusta e nos facilita o traballo na clase, comezaremos a subir ao blogue e á aula virtual estas partituras para que o traballo cos instrumentos sexa moito máis doado.