Comezando a andaina

Xaneiro 13th, 2010

Olá a tod@s!

Imos comezar co blogue da clase de música. Nun principio, xa que non sei se hei dar feito, imos centrarnos para traballar cos alumnos de 6º de primaria, e xa, para outros anos, se a experiencia é boa e a cousa vai funcionando, veremos de amplialo a outros cursos.

Quería que o blogue aportase materiais (as partituras das pezas que imos tocar), exemplos musicais dos mesmos, e outras cousiñas como bailes, ou audicións… Non sei, o blogue construirémolo entre tod@s, coas vosas aportacións, as vosas suxestións, cos vosos comentarios e cos vosos resultados.

Para comezar vou colgar a partitura na que comezamos a traballar esta semana, o famoso ALECRIN, que espero que nos saia moi ben… tanto que teñamos que gravalo e subilo á rede para que a xente poida disfrutalo, para que lle poidades ensinar aos vosos pais como traballamos na aula de música.

Ide botando unha ollada ao que fan os distintos instrumentos.

Vémonos na clase!

alecrin

A todo isto, seguro que o imos facer millor que estes:


Os comentarios están pechados.